miércoles, 14 de mayo de 2014

Faldriqueiras.

Para gardar os cartos o millor é unha faldriqueira.

Estas son unhas pezas de liño, para levar por debaixo da saia.

Pode atarse detrás, pero tamén pode levar unha cinta curta para atar ó lado; cada quen pode elexir o que máis lle guste...


 Estas son de pano con veludo, pasamanería, bordados,... o que vai dando a cabeciña!!

 Esta leva o forro de algodón estampado e ten abertura en diagonal.

















Esta ata ó lado e leva a abertura vertical.












Xa sabedes que podedes elexir as vosas pezas ó voso gusto. Non tedes máis que chamar ou enviar e-mail que aquí estou para atender os vosos encargos.
Saúdos a todos e todas.

No hay comentarios :

Publicar un comentario