Recén chegada das ovellas das miñas veciñas a lá ten que pasar o seu primeiro "baño".
Con mimo e paciencia hai que sacarlle herbas, lixos, e demáis.
Poñémola a clareo...
...e seguimos sacando herbiñas!!!
Cando seque ben chegará o escarmenado e a carda, pero iso será outro cantar.
Ata entón, saúdos a todos e todas.