Manteles de lino
A las que os gustan las cosas buenas os dejo unas muestras de algunos manteles de lino. Son piezas que durarán muchos años; en definitiva, un regalo especial para alguien importante.
Pueden ser bordados, personalizados con iniciales o nombre, con vainicas complicadas, etc. Siempre se pueden adaptar a vuestros gustos.
En cuanto al tamaño... lo que digáis; pueden ser individuales, cubre bandejas, camino de mesa, cuadrados, etc. No hay limitaciones!!
También podéis elegir servilletas a juego o contrastadas.
¿Tenéis alguna idea y os gustaría verla realizada? Aquí estoy para ayudaros. Ya sabéis que podéis llamarme o enviarme un e-mail y hablamos.
Saludos a todos y todas.
Escarpíns
Para levar dentro das zocas o millor son os escarpíns.
Están tecidos a man con lá 100% e afieltrados para que resulten quentiños e consistentes.
Pódense facer en distintas cores e usalos como zapatillas para estar na casa.
Segundo o voso gusto poden levar froles, pompóns, etc, poden ser abertas por diante, pechadas,... Como sempre, hai moito donde elexir e cada quen ten as súas preferencias...
Saúdos a todos e todas.
Faldriqueiras.
Para gardar os cartos o millor é unha faldriqueira.
Estas son unhas pezas de liño, para levar por debaixo da saia.
Pode atarse detrás, pero tamén pode levar unha cinta curta para atar ó lado; cada quen pode elexir o que máis lle guste...
Estas son de pano con veludo, pasamanería, bordados,... o que vai dando a cabeciña!!
Esta leva o forro de algodón estampado e ten abertura en diagonal.
Esta ata ó lado e leva a abertura vertical.
Xa sabedes que podedes elexir as vosas pezas ó voso gusto. Non tedes máis que chamar ou enviar e-mail que aquí estou para atender os vosos encargos.
Saúdos a todos e todas.
Pucho
Seguindo coa testa dos mozos temos este pucho marrón.
Está feito en pano de lá e rematado con trencilla de algodón.
Baixando a cinta abriga as orellas cando vai nortada.
Seguimos traballando!!! Saúdos a todos e todas.
Monteira.
Ola a todos e todas.
Aquí vos deixo algunhas fotos da monteira que fixen.
Está feita con pano de lá e veludo...
... e vai adornada con bordado e pompóns de lá.
Ata a próxima. Saúdos a todos e todas!!